Augas revoltas
Afundinme de cheo,
nas augas revoltas deste mundo,
na busca dun amor
que me quixera,
e só encontrei,
remuños de infortunios,
e na miña gorxa,
por chamalo
unha ronqueira.
Volvín a buscalo
outra vez,
e outra,
de mil maneiras,
na crenza de que o amor,
aínda existía,
e só encontrei moreas,
de encomendas,
deixando sen amor,
a espranza miña.
Xa non hai xuizo,
mal eterno,
a vida morre de amor mal conxurado,
e se a morte máis vil,
noso pasado,
a morte do amor,
eco dobrado.
Mundo tolo
Pasada
a quietude,
chegaría a tormenta.
E unha nube,
pechar a luz
das nosas alboradas.
E o tempo avolto,
empozar o para so
do amor,
rabuñando o resplandor,
con cerimonias
agochadas.
A terra quedará
toda sinistra.
Aterrecida pola sangue derramada.
E partida en anacos,
a miña terra amada.
Das sombras,
as brisas,
chegarán caladas.
A inquietude
irrompe
na miña pel espida.
Desarranxando,
vendo
como se traballa,
en destruí-lo mundo,
sen pararse
en nada.
|