|
Xosé Maria Álvarez Blázquez
|
||||||||||
|
2008
|
||||||||||
| Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985. Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, milito una Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos. Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76. Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975). En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945). A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como |
||||||||||
![]() |
||||||||||
|
|
||||||||||
| Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade o que algún caviloso di dos nenos que andan así petando pola vida -¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles- A xente pasa leda......¡Fora boa que andivesen a rirse dos seus crimes¡ |
||||||||||
|
|
||||||||||
|
||||||||||