|
Xesús Ferro Couselo
|
|||||||||||||||||
|
1996
|
|||||||||||||||||
| Xesús Ferro Couselo nace en Louro, no concello de Valga (Pontevedra). Cursou os estudios no seminario de Santiago. En 1926 comezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago ó tempo que proseguía os seus estudios eclesiásticos, que culminou co grao de doutor na Universidade Pontificia. Licenciouse en Filosofía e Letras en 1931. Aproba as oposicións de cátedra de Instituto, pero en Madrid anulan o resultado como represalia por proceder dun centro educativo de xesuitas. No curso 1934-35 incorpórase como profesor interino de filosofía no Instituto de Tui. Por estas datas afíliase aos grupos galeguistas de Ultreya. A guerra civil sorpréndeo en Madrid. Rematada a guerra volve a Galicia e o resto da súa vida discorre como funcionario adscrito ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, destinado a cidade de Ourense, que o |
|||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||
| fará Fillo de Adopción, vivindo para a historia e para o Museo da cidade. En 1963 entra a formar parte do Consello de redacción da revista Grial. Morreu nesta cidade o 23 de abril de 1975. | |||||||||||||||||
| OBRA |
|||||||||||||||||
| Ferro Couselo foi fundamentalmente historiador e investigador. Pero ademáis o gran sistematizador dos estudios arqueolóxicos, ademáis de participar na formación do Patronato Rosalía de Castro, que presidiu Otero Pedrayo. En 1971 creou o Boletín Auriense, publicación histórica de grande importancia. En 1963, xunto con outros firmantes propuxo que a Real Academia Galega. Instituirá a festa do 17 de maio como Día das Letras Galegas. | Participou nas iniciativas para que se celebren por primeira vez as misas en galego na capela catedralicia do Santo Cristo de Ourense. En 1972, polo seu labor científico, recibiu a Encomenda de Afonso X o Sabio. Ademáis do rigor no traballo histórico, Ferro Couselo imprimelle aos seus textos un lirismo que realza os seus textos e os converte en moitos casos en verdadeiros relatos literarios. |
||||||||||||||||
| BIBLIOGRAFÍA |
|||||||||||||||||
| (1957) O Deus Bandua da Veiga. (1958) Cómo e por qué os escribanos deixaron de empregar o galego. (1964) A vida e fala dos devanceiros. Escolma de documentos galegos dos séculos XIII e XVI. (1995) O Tumbo de Fiaes, anexo do Boletín Auriense. (37 escritores para unha lingua, Ed. Xunta de Galicia,1999) |
|||||||||||||||||
|
DEIXARON DE EMPREGAR O GALEGO |
|||||||||||||||||
| O galego enton é a fala dos vasalos e dos señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o mesmo nos concellos que nas eirexas, misturado co latín nas prédicas e cerimonias. E esto así dito e outorgado ergueuse o dito chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso Ougea e Tereixa Alvares e en suas maos feceron logo palavras de casamento ambos e dous, segundo que manda a nosa Santa Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea que recebía a dita Tereixa Alvares por sua muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares dizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea por seu marido boo e leal
Ansí se fixo un casamento, nos comenzos do catrocentos, según as Notas de Estebo Pérez, chanceller do Cabidoo da Catedral de Ourense. Inda que o rei de Castela non se alcuña xa Emperador, como noutrora o imperante en León, ténse por tal de feito e de dereito e leva a honra mandar en reinos de costumes e falares diversos. No seu famoso discurso pola primacía de asento no Concilio de Basileia o daián de Santiago don Alonso de Cartagena, conselleiro do rei don Xohán II e logo bispo de Buros, antre as probas da preeminencia do Rei de Castela sobor do da Ingalaterra, apón a de que aquil era rei de reinos con diversas língoas. Vemos por iso como endexamais recusa que lle falen os vasalos cada un na sua fala. Namentras gobernan os endiantados, a conciencia de Reino de seu mantense viva. Pro a anarquía feudal que en Galicia houbo feudalismo como en ningures- trouxo o debilitamento das vellas institucións xurídicas. De contado, cos Trastámaras, de fora veñen arreo bispos, alcaldes maores, correxidores, daiáns de Caidoos e hastra cregos, coengos e abades Xesús Ferro Couselo (Do libro Homenaxe a Otero Pedrayo. VV.AA. Ed. Galaxia. Vigo, 1958 ) |
|||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||