|
Xoán Vicente Viqueira Cortón
|
||||||||
|
1974
|
||||||||
| Xoán Vicente Viqueira Cortón naceu en Madrid en 1886, e morreu en Bergondo (A Coruña), en 1924. Vivíu na Coruña, as Mariñas de Betanzos, e con estadías máis ou menos longas en Madrid, París e Alemaña. Estudiou na "lnstitución Libre de Enseñanza" de Madrid' onde chegaría a dar clases. Licenciouse primeiro, e doutorouse despois en Filosofía pola Uníversidade de Madrid. En 1917 foi nomeado por oposición Catedrático de filosofía do Instituto de Santiago, para pasar case inmediatamente ó da Coruña. Tiña fondos coñecementos musicais; tocaba violín e piano, e compuxo música para temas seus e de Rosalía de Castro. Postumamente, en 1930, foi publicado o libro ENSAYOS Y POESIAS, con diversas prosas e versos en galego, estes últimos de temáticaamorosa e paisaxística. Foi un dos precursores do |
||||||||
![]() |
||||||||
| neotrobadorismo galego. Pertenceu ás Irmandades da Fala da Coruña desde a súa constitución. | ||||||||
|
|
||||||||
| ¿Da gándara erma e triste, piñeiro bravo, non ouces do mar o mar molto tan solitario? ¿Non sintes te chamar á vida pra un vivir sempre máis alto? Piñeiro antigo, vello e engruñado, ergue as sempre verdecentes ponlas que ao vento traman cal tramaron as daqués que, rexos e amorosos, aquí cantaron. Eu son como un carballo solitario, rexo e podente, que ten reminiscencias milenarias, alta a cabeleira verdecente. E cando cheguen os ventos da invernía ou as brisas do vran, as cordas da miña arpa cal as ponlas, á vida cantarán. ENSAYOS Y POESÍAS |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||