|
Xoán Manuel Pintos Villar
|
||||||||
|
1975
|
||||||||
| Xoán Manuel Pintos Villar naceu en Pontevedra o 1811, e morreu en Vigo en 1876. Estudiou Humanidades na Coruña, e Leis na Uníversidade de Santiago. Exerceu a avogacía en Pontevedra, e tamén o ensino. Foi, durante un tempo, xuíz en Cambados, fiscal en Pontevedra e logo Rexistrador da Propiedade en Vigo. Poesía, música e pintura foron as súas querencias. Amosou un especial interese polo idioma e por Galicia. Crese que empezou a escribir no ano 1844. A súa obra máis coñecida é A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO, primeiro libro da literatura galega contemporánea, que vén ser un manual de iniciación ó idioma galego e apoloxía de Galicia.Tamén escribiu un breve diccionario galego e numerosas composicións en follas soltas e xornais. |
||||||||
![]() |
||||||||
| Este autor pode ser considerado o primeiro dos precursores do Rexurdimento galego, polo labor que realizou en favor da lingua galega da que era un grande coñecedor. |
||||||||
|
|
||||||||
| Ou Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de tí o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con él muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla fasta o máis nomicreque ferrancheiro e calesquer podenco forasteiro te vafa de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos ou víboras que postas ao teu peito co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito malas novas madrasta de insensatos dos fillos teus ao amor nan tés direito. A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||