|
Vicente Risco
|
|||||||||||
|
1981
|
|||||||||||
| Vicente Martínez Risco e Agüero, naceu en Ourense en 1884 e morreu nesta cidade no ano 1963. Vivíu na rúa da Paz, na mesma casa que o seu amigo Otero Pedrayo. Estudiou Dereito na Universidade de Santiago, e logo acudíu ó Centro de estudios superiores de Maxisterio en Madrid, obtendo a cátedra de Historia da Escola Normal do Maxisterio de Ourense. Foi en 1910 cando entrou na redacción de EL MIÑO. Logo fundou con Noguerol a revista LA CENTURIA, e con Losada, Noguerol e Castelao a revista NOS, órgano do grupo do mesmo nome. Risco foi narrador marcadamente didáctico, autor teatral, e no ensaio acadou o máis alto cume da nosa literatura. En 1920 publica TEORÍA DO NACIONALISMO GALEGO. Despois da guerra adicouse especialmente ós estudios de etnografía. |
|||||||||||
![]() |
|||||||||||
|
|
|||||||||||
| Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta de chouza e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes; durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando | cos rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, sintinto a suprema mística identidade coa gran Nai silenzosa, ao tempo que a súa vida imensa nos inunda e adonámonos dun pouco da forza plástica criadora de todas as cousas. A forza inmorredoira que ha dar forma fatura á ialma segreda e diviña de Galicia. LERIA |
||||||||||
|
|
|||||||||||
|
|||||||||||