|
Valentín Lamas Carvajal
|
||||||||||
|
1972
|
||||||||||
| Valentin Lamas Carvajal naceu en Ourense no ano 1849, e morreu nesta cidade en 1906. Moi novo quedou orfo de pai. Os primeiros estudios cursounos en Ourense. Tamén o bacharelato. Acudíu a Santiago para cursar Medicina na Uníversidade. Quizais foi entón cando empezaron os síntomas da enfermidade que acabaría por deixalo cego. Comezou a escribir en galego no 1874. E coñecido polo seu labor xornalístico, poético e narrativo. Como xornalista colabora no semanario EL HERALDO GALLEGO, do que tamén seria director e propietario, pero acadaría popularidade con O TIO MARCOS DA PORTELA, publicación integramente en galego -a primeira que houbo en Galicia- que aparecía dúas veces ó mes. Escribíu dúas obras en prosa: GALLEGADA e O CATECISMO DO LABREGO (narración de linguaxe popular, que foi a máis coñecida |
||||||||||
![]() |
||||||||||
| da súa obra). E da súa poesía en galego as obras máis coñecidas son SAUDADES GALLEGAS, A MUSA DAS ALDEAS e -a máis representativa- ESPINAS, FOLLAS E FRORES. | ||||||||||
|
|
||||||||||
| No medio dun souto, ao pé dunha serra, na cume dun monte, no fondo dun val, coas chouzas de seixos telladas de colmo, están as aldeas, o mundo rural. . . . Alí como os corpos, o espritu esmorece, sin outros alentos que a superstición; os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas, seus dioses penates, seus númenes son. Fanáticos, chámanlle á cencia herexía ao xenio loucura, grandeza ao poder, valor á osadía, ao medo pacencia, á usura comercio, vergonza ao non ter. . . . Alí, os caciques engordan e chegan a ricos sin teren nin rentas nin bés, namentras o triste maestro de escola, un ánema en pena de fraco parés. . . . Alí non pensedes hachar agarimo si apóstoles sodes de algún ideal, a inmovre rutina secóu os celebros, i a cega iñorancia xunguíunos ao mal. . . . ¡Ai míseros, probes, coitados labregos que están nas aldeas rabeando de bós... escravos que levan o nome de libres, que viven no inferno rezándolle a Dios! A ALDEA |
||||||||||
|
|
||||||||||
|
||||||||||