|
Rosalía de Castro
|
||||||||
|
1963
|
||||||||
| Naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Rosalía de Castro, é unha das voces máis importantes da literatura española do s.XIX, e a máis importante da literatura galega; ó dicir de Ramón Piñeiro, é "a primeira imaxe espiritual de Galicia". Foi "a primeira", a que abriu os camiños para a dignificación dunha lingua por medio da creación literaria. Partindo da lingua recollida do pobo, denunciou as mágoas de Galicia á vez que as súas propias; cantou á terra e ás súas xentes... Foi, en fin, a que recuperou o valor literario da nosa fala. CANTARES GALLEGOS e FOLLASNOVAS, en galego; e EN LAS ORILLAS DEL SAR, en castelán, fixeron de Rosalía una figura capital do século XIX hispano, e unha figura de tal altura na literatura galega, que ningunha outra que despois xurda conseguirá superala. O ano 1963 cumpríronse cen anos da dedicatoria por Rosalia de |
||||||||
![]() |
||||||||
| Castro, a Fernán Caballero, do seu libro CANTARES GALLEGOS. E o día da dedicatoria -17 de maio- escolleuse pola Real Academia Galega como "Día das Letras Galegas". O primeiro destes días foi, por suposto, para Rosalía de Castro. |
||||||||
|
|
||||||||
| Unha vez tiven un cravo cravado no corazón i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Sóio sei que me fixo un mul tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios-, daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición. E deumo Dios, e arrinqueimo, Mais ¿Quen pensara? Despóis xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu e seica seica tiven soidades de aquela pena ¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito, ¡quén o entendera, Señor ! FOLLAS NOVAS |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||