|
Ramón Cabanillas
|
||||||||
|
1976
|
||||||||
| Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Fefiñáns-Cambados o ano 1876 e finou en 1959. Estudiou no Seminario compostelán de San Martiño Pinario. Emigrou a Cuba en 1910, onde foi contable de comercio e Administrador do Teatro Nacional, do Centro Galego da Habana. Alí comezou as súas publicacións: narrativa, teatro, e moi especialmente poesía, eido no que se lle considera o máis relevante e completo dos autores galegos. Tamén na Habana publicou o seu primeiro libro. Volve a Galicia en 1915, e colabora en A NOSA TERRA, revista das Irmandades da Fala. VENTO MAREIRO, DA TERRA ASOBALLADA, NA NOITE ESTRELECIDA, VERSOS DE ALLEAS TERRAS E PE TEMPOS IDOS... son outras tantas estrelas do seu fecundo labor poético. |
||||||||
![]() |
||||||||
| Pertenceu ás Reais Academias Galega e Española. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos llustres, en Compostela. | ||||||||
|
|
||||||||
| ¡Irmán Daniel! Na praia de Rianxo caían como bágoas as estrelas, espallaban teus aies derradeiros bruantes ventos das andinas serras, e ondas galgantes, en cramor, chegadas da pratense ribeira, contaban no areeiro que te foras da sereidade pola plan vereda... o camiño que nunca se desanda, o vieiro sin fin... Na noite pecha entréi pinal adiante, medoñento, a ialma dun feitizo prisioneira. Fungaban os ramallos un responso, brilaba a frouma verdecente acesa, en velorio de honra ó teu relembro. Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era cada pino un cruceiro, labra xenial da túa man maiestra, e aquel forte e lanzal, que tempos idos escoitou a túa prácida conversa co sabidor e xurdio Profundador de voces milagreiras, inquiréu delorido, en desespero: ¿De qué morte morréu a nosa prenda? Atravesóume o peito un dór punxente e esguío de saieta e díxenlle a verdade crú, tinguindo cunha pinga de sangue cada verba: ¡ Morreu do mul dos bós e xenerosos ! ¡Morréu de amor á Terra! |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||