|
María Mariño
|
|||||||||||
|
2006
|
|||||||||||
|
Naceu en Noia no ano 1918.
Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de fóra, sobre o ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967. No 1963 publica "Palabra no Tempo", libro que esperta grande atención da crítica doutros poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Moitos anos despois, xa en 1990, o Concello de Noia publicou o seu inédito "Verba que comenza". Trátase dunha poeta totalmente fóra da vida literaria, próxima por veciñanza, amizade e poesía a Novoneyra, que presentando o seu libro dicía: "En M.M. confírmase o mito da profundidá da alma galega. Angustia, Espranza, Memoria, Nostalxia e Arelanza: todo o mundo do esprito. Unha poesía de son esencial -muitas veces no xeito da canción popular e sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala- donde o misterio nos chega". Mais segundo Ramiro Fonte, con quen cadramos conformes, tamén "foi resaltada en exceso a súa relación con Novoneyra", pero "María Mariño brilla con luz propia, e o seu mundo lírico é un dos máis persoais entre os poetas galegos da posguerra. É coincidente co poeta do Courel o tema propiciado pola serra e o seu cosmos, a ansia de ver o seu 'ser' transcendido no ámbito da Natureza. (...) Pero se en Novoneyra nunca adiviñaremos se quen fala son os ecos silentes da terra ou o poeta, na nosa poetisa sempre se escoita a voz do eu empírico na súa máis intrínseca esencia do existir". |
|||||||||||
![]() |
|||||||||||
|
María Mariño
|
|||||||||||
|
De forte ollar, amiga, de frío que non se quenta, Amiga, que eres de todos e por ninguén esquencida. Soia co teu silencio na forza do teu poder, un por un de cada ser levas do fin ó comenzo, descansar a túa fonte. ................................................ E logo d'alí cansiños, amigo, dinos pra onde? Deixa, amiga, ós nosos pes, fríos polo teu ver, algo do noso sentir, do són que tí fas fuxir amiga, por aquil nacer... . . |
|||||||||||
|
|
|||||||||||
| Máis información en: Diadasletrasgalegas.com | |||||||||||