|
Manuel Lago González
|
||||||||
|
1973
|
||||||||
| Manuel Lago González naceu en Tui no ano 1865, e morreu en Santiago, onde era arcebispo, en 1925. Estudiou no Seminario de Tui e logo,en Compostela, Hebreo e Grego. Ós 21 anos obtivo a Cátedra destes idiomas no Seminario tudense, e ós 22 dixo a súa primeira misa. Comezou a escribir ós 14 anos e a publicar ós 15. Pronuncia a primeira disertación ós 17 anos. Moi novo, exerce o xornalismo. Doutor en Teoloxía por Santiago, foi bispo de Osma en 1910, Senador en 1914, bispo de Tui no 17, e arcebispo de Santiago no ano 23. En 1924, ingresou no Seminario de Estudios Galegos. A pesar de que a Igrexa Católica estaba á marxe da loita cultural e nacionalista de Galicia e de que Lago González pertencía á Xerarquía Eclesiástica, comprometeuse decididamente na defensa da lingua e identidade do Pobo galego. |
||||||||
![]() |
||||||||
| A súa obra en galego ou sobre Galicia, foi publicada no ano 1965, ó cumprirse o centenario do seu nacemento. | ||||||||
|
|
||||||||
|
Aquí dentro da cárcere vives
sereno e tranquilo como viven os páxaros ceibos nas prumas do niño. Polas reixas de ferro contempras o ceo infinito onde brilan as luces do día tecendo sorrisos. Ves os montes cubertos de nubes y-os campos froridos, y-o pasar arredor da cadea parentes y-amigos. E non sintes o peito magoado y-o rostro alcendido; que te miras no fondo da y-alma y-atópaste limpo. Anque teñas o corpo aquí preso non tés meu amigo con cadeas atada esa y-alma que é filla de Cristo. Libertade do corpo non vale que o corpo é cativo. Cántos hay que son libres do corpo e presos do esprito! HOMAXE O ARCEBISPO MANOEL LAGO GONZÁLEZ |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||