|
Manuel Curros Enríquez
|
|||||||||
|
1967
|
|||||||||
| Gloria do Rexurdimento galego foi Manuel Curros Enríquez, nacido en Celanova de Ourense no 1851, e morto na Habana no ano 1908. Ós 15 anos, foxe do fogar paterno, e en Madrid estudia bacharelato e Dereito. Ós 18 anos escribe o seu primeiro poema, "Cántiga", que hoxe en día coñecemos como "Unha noite na eira do trigo". Ós 19, xa está exiliado en Inglaterra, onde imparte leccións de castelán. De novo en Madrid, foi xornalista. En 1877, acada un moi importante premio literario en Ourense, e xorde entón o verdadeiro Curros, poeta galego. Volve a Ourense cun emprego oficial, e alí, publica en 1880 a súa obra AIRES DA MIÑA TERRA, que lle traería un complicado proceso do que finalmente resulta absolto. Nesta obra fustiga duramente á Igrexa oficial. Emigrado a Cuba, funda xornais, ten problemas coas autoridades, |
|||||||||
![]() |
|||||||||
| ingresa no Diario de la Marina primeiro como corrector e logo como redactor... En Galicia, en 1904, foi coroado multitudinariamente, na cidade da Coruña. Unha asociación, presidida por Curros, é o xermolo da Real Academia Galega. Morreu en Cuba, anque o seu cadáver foi logo trasladado a Galicia para descansar na Terra. | |||||||||
|
|
|||||||||
| Como a miniña tola que sai por ves primeira con dengue e muradana prá festa do lugar; así, xentil i aposta, vai vindo a Primaveira, grinaldas de craveles vertendo ó seu pasar. Os álbores espidos De fruto e de ramaxe, cubertos xa de folla comenzan a dar fror; i á sombra agachapado do prácido follaxe, mentras que o gando garda, fai chifros o pastor. Xa de amarelo e branco se pintan os outeiros, xa nacen nas silveiras as froles de San Xoan; xa crecen nos valados as hedras i os loureiros; xa ten carroucho o millo, xa as vides gromos dan. Ai, estación florida, gallarda primaveira, quén pra botarche copras tivera o que non ten! Co corazón ferido, sin lira garruleira, ¿Quén te cantóu, hermosa? ¿ Quén te cantóu ?... ¡Ninguén!. AIRES DA MIÑA TERRA |
|||||||||
|
|
|||||||||
|
|||||||||