|
Manuel Antonio Pérez
|
||||||||
|
1979
|
||||||||
| Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo no ano 1900, e alí morreu en 1930. Estudiou Filosofía e Letras en Compostela, pero abandonou a carreira pola de Mariño Mercante en Vigo. Ós 17 anos, xa era membro do Centro Republicano de Santiago. Comezou a publicar versos ós 18 anos, na revista santiaguesa SUEVIA. En 1920, afíliase á Xuventude Nazonalista Galega. Na súa vila, preside as Irmandades da Fala. Navegou como mariño mercante pola Península, América e África. En 1922 redacta o manifesto "Máis alá", que evoca un movemento ultraísta. A escola do creacionismo tivo nel unha forte influencia. A súa poesía supuxo unha renovación radical dentro da poesía galega. Só publicou un libro -DE CATRO A CATRO- anque o resto da súa obra coñecida foi publicada por García Sabell en 1972, co título de |
||||||||
![]() |
||||||||
| POESIAS. Ó morre-lo poeta, a súa nai queimou boa parte dos seus papeis. | ||||||||
|
|
||||||||
| Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nos. Roubáronnos o Sol. O paquebote esmultado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco. Ronbáronnos o vento. Aquel veleiro que se evadéu pola corda floxa do horizonte. Este océano desatracóu das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo. As nosas soedades veñen de tan lonxe . como as horas do reloxe. Pero tamén sabemos a maniobra dos novíos que fondean a sotavento dunha singladura. No cuadrante estantío das estrelas ficóu parada esta hora: O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito. Fume da pipa Saudade Noite Silenzo Frío. E ficamos nós sós sin o Mar e sin o barco nós. DE CATRO A CATRO |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||