|
Luís Seoane
|
||||||||
|
1994
|
||||||||
| Luís Seoane naceu en Buenos Aires en 1910, fillo de emigrantes. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista. No 1937 exilouse no Buenos Aires nativo, e foi o principal promotor de moitas empresas culturais da emigración e do interior (revistas, editoriais o complexo de Sargadelos, etc.) . A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor, Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e uníversal. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979. Publicou numerosos estudios e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas... |
||||||||
![]() |
||||||||
| Como poeta publicou FARDEL DE ElSILADO (1952), NA BRÉTEMA, SANTIAGO (1956), AS CICATRICES (1959), e A MAIOR ABONDAMENTO (1972). No 1977 saíu un volume coa súa OBRA POETICA enteira. | ||||||||
|
|
||||||||
| Semellaba o vello un vagamundo, unha braga ao meio da coxa máis curta a outra e de difrente coor, desguedellado e arrodeado de moscas, ollando cara a fonte. Un burato cun picho no muro, A fonte da rúa do Franco, con unha auga mellor que outras, que roidosa enchía as sellas cantando a auga e brincando. Ao agochárese as mozas amostraban as pernas, as coxas frescas como a auga da fonte. Eso é todo o que agardaba, encostado, desdenoso, no muro, aquel vello que semellaba un vagamundo. |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||