|
Luís Amado Carballo
|
||||||||
|
1982
|
||||||||
| Luís Amado Carballo naceu en Pontevedra no ano 1901, e morreu na mesma cidade no 1927. Mestre e xornalista, colaborou en diversos xornais e revistas. Ós 21 anos publicou o conto Maliaxe na revista ALBORADA, de Pontevedra, e logo o conto Os probes de Deus, na colección coruñesa LAR. Pero o seu papel na literatura galega está marcado polos seus versos, nos que predomina a temática paisaxística e a percura dunha humanización da paisaxe. Os libros que conteñen o seu labor poético son PROEL e o GALO -este último publicado postumamente- nos que cunha métrica tradicional soubo cantar dun xeito novo. Foi unha das voces máis prometedoras deste século, e aínda que non puido deixarnos unha obra rematada e madura, na súa corta existencia evidenciouse |
||||||||
![]() |
||||||||
| como un importantísimo poeta con grande influencia nas seguintes xeracións de escritores. | ||||||||
|
|
||||||||
| O xesto monacal da pedra benzoa o acougo da aldea Axiónllanse os camiños abrazados ao cruceiro, nunha azul eternidade de pedra e ceo. A agonía do solpor conmove o planto da terra, e a paisaxe presígnase con santas cruces de pedra. A campaíña de prata do día, latexa un ángelus de epifanía. E o sol agoniante ven a encravarse na cruz, abrindo os marelos brazos como o salvador Xesús. PROEL |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||