|
Fermín Bouza-Brey
|
|||||||||||
|
1992
|
|||||||||||
| Fermín Bouza-Brey Trillo naceu en Ponteareas o ano 1901, pero criouse en Vilagarcía de Arousa. Estudiou a carreira de Dereito na Uníversidade de Compostela, e despois Filosofía e Letras. Vinculado ós novos movementos literarios e culturais de Galicia, foi -en 1923- un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Gañou en 1928 oposicións a Xuíz de Primeira instancia, pero adicouse durante toda a súa vida ós estudios de prehistoria e etnografía, temas sobre os que publicou gran cantidade de monografías e artigos. Escribíu tamén ensaios sobre Rosalía e a poética pondaliana. En 1925 publicou a curta novela CABALGADA EN SALNÉS, e en 1933 o libro de poemas NAO SENLLEIRA, estandarte do neotrobadorismo no que anticipara Xoán Vicente Viqueira. En SEITURA, editado en Portugal no 1954, recolle tamén poemas |
|||||||||||
![]() |
|||||||||||
| posteriores. Outros dispersos en revistas foron reunidos na súa OBRA LITERARIA COMPLETA, publicada en 1980. Morreu en Santiago en xuño de 1973. |
|||||||||||
|
|
|||||||||||
| "Mol rabanda do Mundo, sabrosa terra nai, que ventura manxarte como un lírico pan e chantarche a dentamia dos ollos na códea vidal, madura, recendente, vizosa, a latexar! Somentes ti me sacias a fame perennal Regusto de alonxarme para logo voltar, e adormir no teu colo abranguendo o teu van, como un Miño quencido polo peito dos vals, |
coas augas quedas, quedas, sen presa polo mar. Salcóchate de estrelas, que é o teu doado sal, ollece de liñares a máis non verdexar. Afúmate de brétemas no caínzo do serán, que os sentidos precisan de ti, fogaza albar; de ti, suprema bica e propia caroal; de ti, en sazón e chea, ouh Galiza maná! RETORNO |
||||||||||
|
|
|||||||||||
|
|||||||||||