|
Eduardo Pondal
|
||||||||||
|
1965
|
||||||||||
| No ano 1835 naceu en Ponteceso (A Coruña) un dos máximos representantes do Rexurdimento das Letras Galegas, e quizáis o máis orixinal da Literatura galega do XIX, Eduardo Pondal,que morrería na Coruña en 1917. Desde os seus primeiros estudios na casa natal, "á beira do rio Anllóns", e "mirándose nas súas augas", tomou conciencia do pasado de Galicia. O estudio en Santiago, pero sobre todo a revolución de Solís e os fusilamentos de Carral, forxaron o Pondal cantor da raza, bardo dos tempos idos pero tamén poeta dos tempos gloriosos por vir. Médico da sanidade militar, abandonouesta profesión retirándose á súa casa de Ponteceso para dedicarse exclusivamente á poesía, da que é mostra principal QUEIXUMES DOS PINOS. No banquete de Conxo, leu un poema que lle valeu un proceso na |
||||||||||
![]() |
||||||||||
| Audiencia da Coruña, pero neste banquete tamén é onde nace verdadeiramente o Pondal grande poeta da raza, o grande poeta nacional de Galicia. Deixou sen rematar e inédito o poema épico "Os Eoas" |
||||||||||
|
|
||||||||||
| ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente, ó raio transparente do plácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? -"Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; esperta do teu sono, Fogar de Breogán. Os bos e xenerosos |
a nosa voz entenden, e con arroubo atenden O noso rouco son, mais só os ignorantes, e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das idades, que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois onde quer xigante a nosa voz pregoa a redención da boa nación de Breogán. QUEIXUMES DOS PINOS |
|||||||||
|
|
||||||||||
|
||||||||||