|
Eduardo Blanco-Amor
|
||||||||
|
1993
|
||||||||
| Naceu en Ourense en 1897, e moi novo emigrou á República Arxentina, onde pasou a maior parte da súa vida. Alí desenvolveu actividades culturais dentro da comunidade galega, vivindo do seu traballo na prensa bonaerense. Como corresponsal viaxou a España, e foi amigo dos poetas do 27, especialmente de Lorca, do que prologou os "Seis poemas galegos". Volto á Arxentina, defendeu a causa da República e, vencida esta, colaborou nas actividades políticas e culturais dos galegos exiliados. Xa vello, voltou para Galicia e residiu en Vigo ata a súa morte en decembro de 1979. Antes do 36, Blanco Amor fora fundamentalmente poeta (ROMANCES GALEGOS, 1928; e POEMA EN CATRO TEMPOS, 1931). Pero a partir destas datas empeza a súa obra narrativa, primeiro en castelán e logo en galego. A ESMORGA foi unha novela esencial no desenvolvemento da narrativa galega. Despois publicou |
||||||||
![]() |
||||||||
| a recolla de contos OS BIOSBARDOS, a ambiciosa novela longa XENTE AO LONXE, e dous volumes de tea-tro. O CANCIONEIRO, de 1956, é a súa única obra poética publicada nestes tempos. | ||||||||
|
|
||||||||
| Agarimantes cóxegas, moxenas no teimoso cristal bulinte espello dos vimios confidentes pola beira. Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio. O peixe foi, seu pulo e bris de prata, un istante no tempo de ar e rede; dempois, nota e puñal, fendeu as augas, arrepío de luz na linfa verde. Como ispido na forza do seu arco, lanzal teu corpo, sen ferir a area, sortíuse con lediza de venablo para o cachón das augos balbordeiras. Eu témero de ti, cos teus alentos na aperta da fondura entebrecidos, funte buscar nos arcos medoñentos onde amolece o sol en mornos limos. Tremantes de tolicie, prata e riso o peixe e ti, nos verdes solagados, xa as guirlandas da morte en rodopío, foron a dar nas redes dos meus brazos. A PESCA (Pastoral) |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||