Martín Codax, Johan de Cangas e Meendinho
1998
Ata o momento, fóra da excepción que foi Alfonso X o Sabio, o Día das Letras Galegas dedicóuselle fundamentalmente a escritores da época contemporánea. Considerouse nesta ocasión que había que consagrar, dalgún xeito, o Día das Letras Galegas a algunha figura da época medieval, tan significativa na orde universalizadora da nosa cultura.
Decidiuse elixir tres poetas, en vez de un só, pola escasez da súa obra: Martín Codax, que deixou sete poemas; Johán de Cangas, que deixou tres; Meendinho, unha belísima composición poética que ten como escenario a illa de San Simón. Tres poetas da ría viguesa.
Martín Codax cantou e bailou no seu poema na igrexa de Vigo. Johán de Cangas en San Mamede do Mar, na abra de Aldán, ría pontevedresa. Meendinho cantou á illa de San Simón na capela que existía daquela.
Martín Codax invoca en seis das súas cantigas vinteunha veces o nome de Vigo. A paisaxe, o mundo do mar vigués están reproducidos.
A de San Mamede do Mar é a romaría sonada daquela época.
O poema de Meendinho, que para min é un dos mellores poemas da lírica medieval, é dunha extraordinaria fermosura, de gran gracia. É unha pena que non se conserve senón ese poema do autor. Non sei se escribiría máis.

Francisco Fernández del Riego (“Ondas do Mar de Amigo”, Citania de Publicacións, 1998)

ONDAS DO MAR DE AMIGO (frag.)
MEENDINHO

Seiam’
1 eu na ermida de San Simón,
e cercaronmi
2 as ondas que grandes son.
Eu atendendo
3 meu amig’! E ver[r]a4?

Estando na ermida ant’ o altar
cercaronmi as ondas grandes do mar.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?

E cercaronmi as ondas, que grandes son;
nen ei [i
5]barqueiro nen remador.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?

E cercaronmi [as]ondas do alto
6 mar;
non ei [i]barqueiro nen sei remar.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?



Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei [eu]fremosa no mar maior
7.
Eu atendendo meu amig’! E ver[r]a?

Nen ei [i]barqueiro nen sei remar,
Morrerei eu fremosa no alto mar.
Eu atendendo meu amig’! E ver[r]a?


1 “estaba”
2 “cercáronme”
3 “esperando”
4 “virá”
5 “aí”
6 “crecido, coa marea alta”
7 “crecido, coa marea alta”


MARTÍN CODAX

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo,
e, ai Deus, se verra
20 cedo!

Ondas do mar levado
21,
se vistes meu amado,
e, ai Deus, se verra cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro
22,
e, ai Deus, se verra cedo!

Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado
23,
e, ai Deus, se verra cedo!

20 “virá”
21 “encrespado, enfurecido, embravecido”
22 “aquel polo que eu suspiro”
23 “aquel polo que sufro grande pena”

(“Ondas do Mar de Amigo”,
Citania de Publicacións, 1998)

JOHAN DE CANGAS

En San Momed’, u
8 sabedes
que viste-lo meu amigo,
oj’ ouver’ a seer migo
9;
mia madre, fe que devedes
10,
leixedesmio ir veer
11.

O que vistes esse día
andar por mi mui coitado
12
chegoum’ ora seu mandado
13;
madre, por Santa Maria,
leixedesmio ir veer.

Pois el foi d’ atal ventura
14
que sofreu tan muito mal
por mi, e ren non lhi val
15;
mia madre, e por mesura
16,
leixedesmio ir veer.

Eu serei
17 por el coitada
pois el é
18 por mi coitado
se de Deus ajades grado
19,
madre ben aventurada,
leixedesmio ir veer.

8 “onde”
9 “hoxe habería de estar conmigo”
10 “pola lealtade que me debedes”
11 “deixádeme ir velo”
12 “aflixido, penado”
13 “recado”
14 “pois el tivo unha sorte tal”
15 “e de nada lle val”
16 “pola vosa mesura, pola vosa prudencia”
17 “estarei”
18 “está”
19 “que Deus volo pague”

Máis información en: Diadasletrasgalegas.com