|
Celso Emilio Ferreiro
|
||||||||
|
1989
|
||||||||
| Celso Emilio Ferreiro Míguez, naceu en Celanova -Ourense, no ano 1912 e morreu en Vigo en 1979. A súa familia era de campesiños acomodados, de talante galeguista. Ós 22 anos, en 1934, fundou con Xosé Velo Mosquera a Federación de Mocedades Galeguistas. Pouco despois, por un artigo publicado en GUIEIRO, que el mesmo dirixía, foi procesado. Fai a guerra, mobilizado no bando vencedor. Estudia Dereito, colabora en diversos xornais e revistas... En 1966 emigra a Venezuela, onde colaborou coa Hermandade Galega fundou o Patronato da Cultura Galega, e traballou no gabinete do Presidente Caldera. Ó volver da emigración, instalouse en Madrid, onde traballou de xornalista. Ten prosa e poesía en castelán e galego, pero é a poesía |
||||||||
![]() |
||||||||
| en galego, forte, rexa, de fondo contido social, a que lle deu a sona de grande escritor. Os seus libros teñen títulos como CARTAFOL DE POESÍA, O SONO SULAGADO, ViAXE AO PAÍS DOS ANANOS, TERRA DENINGURES, ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA... Pero o máis sobranceiro é, sen dúbida, LONGA NOITE DE PEDRA, que dá nome a toda unha época da nosa historia contemporánea. |
||||||||
|
|
||||||||
| O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. LONGA NOITE DE PEDRA |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||