|
Aquilino Iglesia Alvariño
|
||||||||
|
1986
|
||||||||
| Aquilino Iglesia Alvariño naceu en Seivane, Vilarente, Abadín, no ano 1909. Morreu en Santiago en 1961. Estudiou no Seminario de Mondoñedo, berce de tantos escritores lucenses. E logo, na Uníversidade de Santiago. Ensinou e dirixiu o Colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa e, posteriormente, foi catedrático dos Institutos de Lugo, Pontevedra e Santiago, e axudante na Unversidade. Foi membro do Seminario de Estudios Galegos e da Real Academia Galega. Traductor de clásicos, crítico, ensaista... O seu gran labor foi a poesía, cargada de humanismo e bucolismo. Os primeiros versos publicounos ós 16 anos. Estes, debido á súa grande formación humanística, son de feitio clasiscista. O seu primeiro libro -SEÑARDÁ- vería a luz en 1930, ó que seguíu CORAZÓN AO VENTO, pero a súa madurez definitiva prodúcese |
||||||||
![]() |
||||||||
| despois da guerra civil. Logo dun longo silencio en 1947 aparece CÓMAROS VERDES, e por fin LANZA DE SOLEDÁ, NENIAS e LEVA O SEU CANTARE (libro póstumo a cargo dos seus amigos, de recopilación, de diversos materiais poéticos). |
||||||||
|
|
||||||||
| Viñeran anos de carnada e alas de corvo, sombras desabogosas, chegaran as rulas, o vento cantaba nas lanzas e nas almeas, esa canción de ferro tan sabida. Os que irían ás rilleiras do olvido, cansos de andar arrastro polas viñas e pumaregas, viran chegar os señores da terra sobre os seus cabalos, e fixeron homenaxe ós poderosos cos seus corazóns máis tristes que a noite á sombra das súas fillas. E soñaron entón en terras anchas coma mares onde pousar o mel do seu corazón sin medida, e botaron negras naus á mar dos deuses, e sobre mares de cinza de orxos tristes, e sobre mares ledas de ribeiras sin conto, puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós lonxes. E nunha doce fumareda viran esborrallarse as torres; unha polvareda de terra morta íbaas pouquiño a pouco soterrando Soñaran entón outra vez en erguer a cidá de arriba abaixo e abrir os camiños ás canciós, esperar neles aínda o mercador de panos e coiros finos de cerro e o de copas de aramio e lámparas de corno, e o que trae un corvo que fala e herbas de amor, e o que libra do medo o corazón servo e cativo. Doce deserto de sonos de area, que o vento leva e trae, Ciudades de ouro rebrilando no aire morno do serán. Doces ciudades asolagadas en sons que despertan ó mencer os labancos pelengrinos. Corazóns desfeitos como mares sin sosego navegan tristes cara ás terras de xentes de outra fala e xa pensan morrere sen ver o doce fume dos eidos nativos. Pero aquí está o poeta das aradas leves do sono, noso irmán o poeta das boas novas. Na ribeira onde se fon os barcos ledos dos sonos que non morren o seu canto arbora claras bandeiras no mencer. HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||