|
Antón Losada Diéguez
|
||||||||
|
1985
|
||||||||
| Antón Losada Diéguez naceu en 1884 en Boborás-Ourense, e finou en Pontevedra no ano 1929. De familia emparentada coa nobreza galega era -segundo Otero Pedrayo- moi relixioso, tradicional, culto, carlista, e cun gusto especial polas cousas da Idade Media. Estudiou en Deusto. Doutor en Filosofía e Licenciado en Dereito, gañou a cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do Instituto Xeral e Técnico de Canarias, de onde pasou a Toledo, Ourense e Pontevedra. Losada foi quen conseguíu a Risco e Otero Pedrayo para o galeguismo, e quen impulsou a idea galeguista, anque ó remate da súa breve existencia estivo dedicado exclusivamente ós temas docentes e culturais. En relación coa súa intensa actividade política e cultural publicou moi pouco: Poesía, ensaios filosóficos e literarios, contos e un ensaio drámático, na revista NÓS e en |
||||||||
![]() |
||||||||
| ALBORADA. Foi moi respetado e tivo moita influencia nos homes da Xeración Nós. Pertenceu ás Irmandades da Fala. E, dado o seu altísimo prestixio, foi quen presidiu a Asamblea Nacionalista de 1918 en Lugo. |
||||||||
|
|
||||||||
| Probos rosas, saundosas esperando amañecer; loumiñadas, degaradas por medrar i arrencender. Tristes rosas amorosas, todo chega, i o fin chega cando a póla se dobrega e nan vos pode soster. Craros soños, frolecidos cobizando un ideal; aniñados, enchoiados nunha roseira lanzal. Tristes soños noitecidos, todo chega i o fin chega se dos soños soilo queda o imposibre no rosal. NÓS, Nº 71 |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||