|
Álvaro Cunqueiro
|
||||||||
|
1991
|
||||||||
| Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911, e morreu en Vigo en 1981. Estudiou bacharelato no Instítuto Xeral e Técnico de Lugo. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago, pero abandonaa para dedicarse ó seu labor como xornalista, figurando como redactor e colaborador de diversos xornais e revistas. Escritor polifacético, a súa extensa obra literaria abrangue os eldos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de traducción. Recibiu o Premio Nacional da Crítica en 1959 por LAS CRÓNICAS DEL SOCHANTRE, que escribiu primeiro en galego. Así mesmo foille concedido o Premio Nadal, e por HERBA DE AQUÍ E DE ACOLÁ o premio Frol da Auga, en 1979. Tamén, como xornalista, recíbiu o Premio Conde de Godó. Foi membro da Real Academia Galega. |
||||||||
![]() |
||||||||
| O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco e culturalista, e logo da guerra civil dedicouse sobre todo á narrativa e ó xornalismo, deixando innumerables artigos en VALLIBRIA, LA VOZ DE GALICIA, EL PROGRESO e FARO DE VIGO, entre outros. Das súas narracións cómpre destacar MERLIN E FAMILIA E OUTRAS HISTORIAS e AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE, e dous libros de poesía: CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIBEIRA e HERBA DE AQUÍ E DE ACOLÁ. |
||||||||
|
|
||||||||
| Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito meu o trobo arde ou atrás de ti a sombra do meu soño loucamente a túa apreixa e bica ? Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado Neste río do meu vagar sin fin qué incendiado navío non navegas na noite? -Por qué este corazón tanta frol murcha, por qué inda son eu de tanta verba a boca? Miña branca señor, corpo delgado: este bosque é do tempo da máis recente lúa, i ese malvís que tanto áer enfrauta cada día que amence renasce e asubía. Amante, no meu vaso aínda canta a sede. Esa lúa nevada, amor, que do teu corpo medra coa noite sober das cumes dos meus ollos. Deixa que rose, ao arrimo das cerdeiras, nas illas dos teus ollos a i-alba rumorosa Adormece ao meu carón, namentras quebra o día baixo un teito de aluadas, tímidas cantadoras. -Ese sono que por dentro escorre e pouco a pouco amósase ao meu rostro ! fai falla, quezáis, un cabalo roxo ou unha aza mortal e fría para brincar fora desta língua de lume? DONA DO CORPO DELGADO |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||