|
Alfonso X, O Sabio
|
||||||||
|
1980
|
||||||||
| Alfonso X, O sabio, rei de Castela e de Galicia, naceu en Toledo no ano 1221 e morreu en Sevilla en 1284. Con él, a lírica galega chegou á súa maior altura. Foi un rei que, sen abandona-los asuntos de estado, dedicou os seus esforzos á cultura, pola que sentía unha grande devoción. Fomenta a "Escuela de Traductores de Toledo" e no seu labor de mecenazgo dirixe a redacción e traducción dunha extensa obra cultural. Tiña unha grande formación, mesmo musical. E se ben a súa obra científica e histórica escribea en castelán, cando de lírica se trata elixe o galego aprendido de neno en Maceda de Galicia. Deixounos cantigas de amor, de escarnio, pero especialmente o maior monumento da poesía en lingua galega, as CANTIGAS DE SANTA MARÍA, 420 cantos á Virxe, sendo as máis representativas as |
||||||||
![]() |
||||||||
| Cántigas de loor, verdadeiras transposicións ó divino da cantiga de amor trobadoresca. As CANTIGAS DE SANTA MARÍA constitúen a xoia máis preciada da literatura galego-portuguesa. |
||||||||
|
|
||||||||
| Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Desto fez Santa María miragre fremoso ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso. por hûa moller que avía tolleito o máis do seu corp'e de mal encolleito: Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran que ben por cabo dos ombros todas se meteran. e os calcannares ben en seu dereito se meteron todos no corpo maltreito. Da que Deus mamou leite do seu peito nan é maravilla de sâar contreito. CANTIGAS DE SANTA MARÍA |
||||||||
|
|
||||||||
|
||||||||