O
contexto socio-político contrasta coa prolífica
actividade cultural. A sociedade galega dos comezos
do XX seguía a se caracterizar pola concentración
do poder económico en sectores minoritarios,
por un sistema agrícola aínda feudal
e por unha crecente emigración que ía
baleirando o país.
Aparecen
asociacións agrarias que canalizan as protestas
sociais e acadan gran resonancia no campesiñado,
como foi o caso da "Liga Agraria de Acción
Gallega".
A
toma de consciencia dos campesiños, fomentada
polo seu acceso á propiedade da terra, unida
á evolución do galeguismo cara ó
nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización
da língua.
O
nacionalismo está tan vencellado ó idioma,
como esencia de identidade colectiva, que as primeiras
manifestacións do movemento as constitúen
precisamente as Irmandades da Fala. Creadas para a
defensa, dignificación e cultivo do idioma,
a primeira das Irmandades fúndase na Coruña
en 1916.Séguena outras repartidas polas principais
cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos,
Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron
unha publicación periódica totalmente
en galego: A Nosa Terra.
Os seus membros máis salientables foron os
irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez,
Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.
En
1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega"
que tivo como conclusións a reivindicación
da autonomia integral, a oficialización da
língua e o pedimento de inclusión de
Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra.No
século XVIII, xorden as voces de denuncia dos
chamados "ilustrados", que demostran a súa
inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen
propostas renovadoras da vida económica, social
e cultural. Créanse organismos como as Sociedades
Económicas de Amigos do País e a Academia
de Agricultura do Reino de Galicia.
Entre
este minoritario grupo de intelectuais, despunta con
forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento,
personaxe polifacético (naturalista, linguista,
bibliófilo...) que defendeu o uso do galego
no ensino, na Administración e na Igrexa, isto
é, a súa normalización como língua
propia dos galegos. O contexto socio-político
contrasta coa prolífica actividade cultural.
A sociedade galega dos comezos do XX seguía
a se caracterizar pola concentración do poder
económico en sectores minoritarios, por un
sistema agrícola aínda feudal e por
unha crecente emigración que ía baleirando
o país.
Aparecen
asociacións agrarias que canalizan as protestas
sociais e acadan gran resonancia no campesiñado,
como foi o caso da "Liga Agraria de Acción
Gallega".
As
Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios
e gramáticas,de estubios linguísticos
e reivindicaron a presencia do galego na Administración
e no ensino. Déronlle pulo á actividade
editorial nas principais cidades galegas: Céltiga
en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra,
e moitas outras,ademais de frecuentes seccións
en galego na prensa en castelán. Neste contexto
aparece a revista Nós, da man de V. Risco,
Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman
o coñecido "Grupo Nós". A
eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez
Castelao.
Os
membros de "Nós", cunha ampla formación
intelectual, marcan como finalidade a eliminación
do lastre folclorista da cultura galega, mediante
a súa actualización, normalización
e universalización. A revista contaba coa colaboración
de autores estranxeiros (portugueses, irlandeses,
cataláns, franceses...), que a poñían
en contacto coas correntes europeas, ademais de traduccións
variadas e artigos, tanto de carácter científico
(arqueoloxía, etnografía, antropoloxía,
socioloxía...) coma literarios.
A
obra literaria destes intelectuais, que recuperan
campos como o ensaio, outórgalle á prosa
galega un grao de desenvolvemento pleno e integra
a nosa cultura no contexto europeo: Arredor de si,
Devalar ou Os camiños da vida, de Ramón
Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O porco
de pé, de Vicente Risco, son títulos
que forneceron a nosa literatura de novas técnicas
de creación que se estaban a desenvolver na
literatura europea incorporándolle temáticas
universalistas, lendarias e exóticas, urbanas
e pensamentos filosóficos.
A
feble tradición do xénero dramático
recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades,
do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919,
que logo pasa a ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen
de maneira importante na producción poética
galega. Os autores da chamada "Xeración
do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza
Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade
creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas
formas tradicionais de poesía.
Merece
mención á parte a figura polifacética
de Castelao, clásico da literatura galega en
tódolos xéneros que cultivou: novela,
teatro, narrativa breve e ensaio político (Sempre
en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista
galego) e outros titulos que reflicten conxuntamente
a súa capacidade como debuxante e literato.
A figura de Castelao entraña unha grande significación
política plasmada na súa obra ensaística
e na súa participació nactiva e directa
na política do país (foi deputado da
República nas filas do Partido Galeguista).
En
1931 créase o Partido Galeguista,que consegue
a aprobación do Estatuto de Autonomía
de Galicia, no que a língua galega adquire
por vez primeira o recoñecemento de "idioma
oficial de Galicia". Este logro importantisimo
non chegou a ter aplicación na práctica
por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo
o principio da máis crúa etapa para
as línguas minorizadas do Estado español.