|
| |
 |
 |
HISTORIA |
|
|
 |
O
20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega
presentaron nesta institución unha proposta histórica:
Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das
Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo
material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo
e Francisco Fernández del Riego, expuñan que
"con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da
publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro",
a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade,
o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi
a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega
contemporánea" e que "a súa aparición
veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como
instrumento de creación literaria", concluindo
que representa "un fito decisivo na historia da renacencia
cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data
da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia
de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán
Caballero. |
| |
 |
Máis
de 40 anos despois, celebrados días e dias
das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse
a situación cultural do noso Pais, é bo momento
para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros
(dos "SEÑORES
DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou
o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías
e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra
que merecen estes galegos sobranceiros.
Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego
(da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico:
"Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez
Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo
á aprobación da Real Academia Galega. A Academia
aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á
autoridade competente.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día
das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque
CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha
significación universal. |
 |
Xa este primeiro
ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES
GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance
e unha significación extraordinaria, e foi moi ben
acollida non só a nível literario senón
nos ambentes populares.
Despois -a partir de entón- fóronse celebrando
cada ano días da Letras Galegas adicados cada un
deles a unha figura significativa das letras galegas, e
hoxe está nun momento en que parece que responde
xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras
Galegas teña unha significación, un alcance
e un eco non só nos ambentes minoritarios senón
nos ambentes do pobo".
Texto do
libro "Os Señores da Palabra".
. Lugo. 1993
|
|
|