Eramos tres irmáns
(A XX. que dábamos por morto na forca franquista, i-a outra noite déronme novas d’il, vivo e loitando por Galicia i España)


Éramos tres irmáns,
mariñeiros os tres, cada un no seu mar.
Tiñamos a mesma pel de péxegos novos,
cada un dos tres no seu albre lixeiro,
a navegar pol-as augas do tempo.
Mais fixemos un barco de carballo e piñeiro,
e cada un deixou a sua estrela nas gavias,
para non ter máis que un mar, un barco, un ceo.

Eu era o capitán, t eral-o santo,
i-o outro irmán maior era o todo d’abordo,
tolo de terra leda e de lus e d’orvallo

Queimou o barco o demo:
do tolo nada sei,
a ti como eras santo non te rachou o vento,
i-eu lonxe, lonxe, lonxe,
ardendo eiquí, no inferno.
Reza por min, amigo, e pol-o noso irmán,
¿aquel cervo ferido, pacerá no seu lar?

¡Ay, miña carballeira!
¡Ay, meu piñeiral!
¡Miñas estrelas verdes
de pastor n’outra mar!
Cando saia do inferno,
¿saberei navegar?
¿Dirasme ti, irmao santo da miña mocedade,
como fan os madeiros para se ter sobre o mar?

¡Vinde chousas sagradas,
carballeiras de meus pais,
agárdovos nestas praias
para min sin terra e sin mar!


(Poema recollido na obra póstuma “Homaxes”)