![]() |
Emigrantes
|
|
|
|
Tres millones de españoles viven lejos de la patria. Muchos de ellos en gallineros europeos. Centos, miles de galegos foron a buscar o pan, fóra, lonxe de Galicia, que perto xa non o hai; que toda a fariña nosa non se sabe para quen vai. Centos, miles de galegos empuxados a emigrar, hoxe viven coas galiñas porque outra casa non hai en París, Xenebra, Hamburgo, en ningunha capital. Nun galiñeiro de Europa, Galicia, tes o teu Lar. ¡Poñamos un galiñeiro na bandeira de Breogán! Son boa xente as galiñas, mellor que moitos irmáns: súa merda é menos merda se vos poñedes a pensar. E sendo veciños delas poderannos crecer ás. Tataranetos de condes ¿saberán tatarear sobor dun pau europeo os fillos de Breogán? ¿Saberán cacarear estes galegos de hoxe, botados por seus irmáns os banqueiros e almirantes, os xuíces e os capitáns? ¡A Patria éche un galiñeiro, en terra allea, pra máis! ¡E mellor que ser galego ser porco, cabalo ou can! Nun galiñeiro de Europa Galicia, tes o teu Lar. ¡Poñamos un galiñeiro na bandeira de Breogán! E cada Casa Ilustre de Galicia, de hoxe en máis, poña merda de galiña no seu brasón galiñán. Mais ouvide ben o galo, señoritos galiñáns: un día ou outro, moi cedo, ¡outro galo cantará! |
|||
|
(Poema publicado no primeiro e único número de Cuco-Rei, Buenos Aires, 1970, e recollido posteriormente en Homaxes libro póstumo-). |
|||