|
|
| |
 |
 |
XAQUIN LORENZO FERNANDEZ - 2004 |
|
|
|
|
|
- 1907.- O 23 de xuño nace en Ourense, no número 30 da rúa da Paz.. Fillo de Xosé Lorenzo e Xoaquina Fernández.
- 1910.- Nace o seu único irmán, Xurxo, con quen manterá unha especial unión.
- 1912-1913.- Nun accidente co forno perde as falanxes dos dedos anular e corazón da man dereita.
- 1917-1925.- Estudia o bacharelato no Instituto do Posío, en Ourense, sendo un dos seus profesores Otero Pedrayo.
- 1923.- En Lobeira, durante as vacacións de verán, elabora unha maqueta dun carro da zona e recolle a denominación das diferentes partes, o que será loubado por Cuevillas que o anima a seguir coas súas pescudas etnográficas.
- 1923.- Morre seu pai e a súa nai trasládase a Arxentina para solucionar asuntos económicos relacionados con propiedades familiares. Durante esta ausencia os irmáns sepáranse, quedando cada un cuns avós, ata que a morte da avoa materna leva a Xaquín a reunirse en Vigo co seu irmán Xurxo e a súa familia.
- 1924.- Presenta o traballo O carro galego como ingreso no Seminario de Estudos Galegos.
- 1926-1933.- Estudia Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.
- 1928.- En colaboración co seu irmán edita Un casamento en Lobeira.
- 1930.- Exerce como secretario terceiro da Irmandade Nacionalista Galega na que militan Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas. Edita Vila de Calvos de Randín en colaboración con Cuevillas.
- 1931.- Cataloga os castros da terra de Lobeira.
- 1931.- Suscribe o manifesto fundacional do Partido Nacionalista Republicano Galego xunto con Risco, Otero, Cuevillas, etc.
- 1932.- Publica o traballo: A muller no cancioneiro galego.
- 1933.- Edita os seus traballos Notas para un cuestionario de etnografía. Embarcacións, e Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá.
- 1934.- Vese obrigado a trasladarse co seu irmán a Zaragoza para remata-los estudios universitarios polo seu talante galeguista que lle causa problemas na universidade. Este ano morre seu irmán, Xurxo, víctima dunha septicemia. Licénciase en Filosofía e Letras, e edita Nobres que defenderon a raia portuguesa no ano 1726, así como As dornas do Porto do Son.
- 1935.- Edita A arte popular nos xugos de Galiza e Santa María de Velle.
- 1936.- Co inicio da Guerra Civil é movilizado a combatir no bando nacional, resultando ferido en Villablino (León).
- 1938.- Publica Sobre arqueología do territorio dos Quequernos.
- 1939.- É nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto do Posío, en Ourense. Publica en Hamburgo o traballo: Die bremse am galizischen wagen.
- 1940-1981.- Profesor do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, que chega a convertirse nun refuxio para mestres castigados polas súas ideas galeguistas.
- 1940.- Realiza o documental etnográfico O home e o carro co director Antonio Román (posteriormente sería restaurado por Eloi Lozano), e consigue o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo. Tamén edita Lápidas sepulcrais galegas de arte popular e O símbolo solar no NW da península.
- 1942.- Accede como colaborador ó Museo Arqueolóxico de Ourense que dirixe Ferro Couselo. Edita Notas etnográficas da parroquia de Borneiro.
- 1944-1946.- Excava os castros de Cameixa (Boborás) e de Cabanca.
- 1945.- Publica As festas do 3 de maio en Laza en colaboración con Vicente Risco, e Un petroglifo inédito de Troña.
- 1946.- Edita en colaboración con Cuevillas As habitacións dos castros.
- 1948.- Edita O monumento protohistórico de Santa Mariña de Augas Santas e os ritos funerarios nos castros.
- 1951.- Ingresa na Real Academia Galega cun discurso sobre A casa galega que resposta Otero Pedrayo.
- 1952.- Tamén en colaboración con Cuevillas edita Catro penas con pías do sur de Galiza.
- 1953.- Presenta no III Congreso Aqueolóxico Nacional celebrado en Ourense as coleccións do Museo Arqueolóxico,
- 1954.- É nomeado correspondente da Real Academia da Historia.
- 1955.- Publica A arte popular nos xugos da Galiza.
- 1956.- Edita: A Nosa Señora do Viso, As xoias de Regodeigón, Cerámicas castrexas pintadas, Nomenclatura do carro galego e A Xuno de Freixido.
- 1957.- Edita O carro no folclore galego e Unha nova escultura serpentiforme da citania de Troña.
- 1958.- Acompaña a Florntino Cuevillas ata o momento do seu falecemento en que coloca a bandeira de Galicia no seu cadaleito.
- 1961.- Concédeselle a Encomenda de Afonso X O Sabio, polo Ministerio de Educación, e tamén a distinción de Colexiado Distinguido polo Consello Nacional dos Colexios Oficiais de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras.
- 1962.- Aparece o II tomo da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo, elaborado por Xaquín Lorenzo,
- 1964.- Morre a súa nai, perdendo a toda a súa familia e quedando sumido nunha fonda melancolía. Atopa un importante apoio en Ferro Couselo.
- 1965.- Edita: A casa dos mortos, Inscricións romanas funerarias, varias, non clasificadas, falsas e inexistentes da provincia de Ourense.
- 1966.- Publica: Vellas artes de pesca no río Miño.
- 1967.- Participa na fundación da Agrupación Cultural Auriense xunto con otros galeguistas históricos e edita Distribución dos xugos na Galiza.
- 1972.- Publica: Tesouriño protohistórico de Calvos de Randín e A igrexa prerrománica de Santa María de Mixós.
- 1973.- Edita Cantigueiro Popular da Limia Baixa.
- 1975.- Morre o seu amigo X. Ferro Couselo.
- 1976.- Co-fundador do Museo do Pobo Galego.
- 1980.- Apoia o manifesto do colectivo apartidista Realidade Galega recomendando o voto afirmativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia, ó que tamén se suman Ramón Piñeiro, Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xaime Isla Couto, Ánxel Fole y Fernández del Riego.
- 1982.- Recibe o Premio Otero Pedrayo concedido polas deputacións provinciais de Galicia.
- 1983.- É nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Ourense pola Deputación. Recibe tamén o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. Presenta o libro A Nosa Señora do Viso. Recibe a Medalla de Ouro do Museo do Pobo Galego.
- 1984.- A Xunta de Galicia lle concede a primeira Medalla Castelao. É nomeado socio honorario da Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnografía.
- 1987.- Pronuncia o pregón das Festas de Celanova.
- 1988.- Edita A vivenda e a terra.
- 1989.- Falece na casa familiar de Facós, en Lobeira, o 18 de xullo. É soterrado no cemiterio de San Francisco, en Ourense.
|
|
|