![]() |
|
|
|
Hoxe amiga quero soñarte núa, núa coma un cristal na escuridade. É primavera en Noia, e a noite será unha longa mina de diamantes. Ando lonxe e senlleiro, triste e lonxe, como unha besta acoitelada brúo e arrepíanse os Andes o meu paso. Camponesa de Cáqueza, ferida quixera verte hoxe nos meus brazos eivada como un anxo en rebeldía, entón sería o meu amor a furna da túa fronte aterecida e pálida. E sería o meu nome a túa patria. É primavera en Noia e ando lonxe ermo na miña por diante da noite: montañesa dos Andes con que gozo apreto a túa man estraña e única. De O tempo no espello (1982) |
||