![]() |
CHACHAHUÍ
De Cantos caucanos (1985)) |
|
Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí e ver no fondo do precipício o Putamaio brincar como un regueiro pequeniño. Ter unha casa en Chachahuí e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes, dos cocuios, o canto do turpial e o míar estremecedor do puma negro. Ter unha casa en Chachahuí, esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo amigo do sol. Ter unha casa en Chachahuí. Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador brillan as flores ventureiras. Pero as estrelas son máis grandes. Ter unha casa en Chachahuí. De Cantos caucanos (1985) |
|