|
 |
| Frei
Martín Sarmiento |
Considerado
un dos pais da lingüística galega, Pedro Xosé
García Balboa verdadeiro nome de Frei Martín
Sarmiento- nace en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695.
Ós
catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra
onde pasará a súa infancia e parte da mocidade.
Alí vive nunha casa con soportais, próxima ó
pazo dos Mosquera-Sotomayor, marqueses de Aranda, na rúa
da Palma. Máis tarde trasládanse ó Pazo
de Santa Margarida, construído polo seu pai en Mourente,
fronte á ermida do mesmo nome e o famoso carballo.
O padre Alberto Cela foi o seu primeiro mestre no colexio
dos xesuitas onde Sarmiento soportou as burlas polo seu xeito
de falar e o seu acento galego.
A infancia e mocidade en Galicia rematan o 3 de maio de 1710,
con 15 anos de idade, marcha a Madrid para ingresar na Orden
benedictina. Catro anos despois, en 1714, viaxa a Salamanca
para estudiar Teoloxía, i é entón cando
decide cambiar de nome e se matricula na Universidade como
Frei Martín Sarmiento.
 |
Rúa
na que Naceo
F.M. Sarmiento |
 |
Parroquia
onde foi
b autizado F. Martín |
Logo
dunha breve estancia en Asturias, e tras despedirse da súa
nai en Pontevedra desta viaxe de verán quedará
constancia nos seus escritos-, aséntase definitivamente
na Vila e Corte. Unha estancia que só interrumpe algo
máis dun ano (entre febreiro de 1726 e maio de 1727)
para trasladarse a Toledo, ademáis das visitas que
con certa frecuencia fai a Galicia.
Destes
primeiros anos destacan: Demostración crítico-apologética
del Theatro Crítico Universal (1732), Memorias para
la historia de la poesía y poetas españoles
(entre 1741 e 1745), e Reflexiones literarias para una Biblioteca
Real (30 de decembro de 1743).
1751
é unha data a ter en conta na traxectoria escrita de
Frei Martín Sarmiento, xa que é entón
cando comeza a desenvolverse a súa vocación
de naturalista e botanista que logo plasmará en estudios
como Pensamientos Crítico-Botánicos (1753-1762)
e outras numerosas pezas. Precisamente a instancias de Sarmiento
créase o Real Xardín Botánico e desde
1743 reclama a creación de bibliotecas públicas
e xardíns botánicos en diversas cidades e ó
estilo dos que hai en Europa, así como a constitución
da Academia da Agricultura e as dotacións de cátedras
universitarias de Historia Natural, Agricultura e Botánica.
A
influencia das súas visitas a Galicia da lugar a obras
como Coloquio de 24 gallegos rústicos, onde narra algúns
feitos con fidelidade histórica e propiedade filolóxica
servindo de base para o comentario lingüístico
das voces recollidas na súa terra; e xa en 1755 inicia
o Catálogo de voces vulgares, y en especial de voces
gallegas de diferentes vegetables, así como a segunda
parte do Catálogo de voces y frases de la lengua gallega.
Estudios, todos eles, que son calificados como excelentes
repertorios de materiais lingüísticos galegos
dunha época na que era impensable aínda a elaboración
dun Diccionario Gallego, aínda que éste fose
un dos seus máis inconfesables e desexados anhelos.
Frei
Martín Sarmiento, que faleceu en 1772, foi un home
adiantado ó seu tempo e loitador pola súa terra
familiar: en vez de admirar, estudiar e louba-la lingua castelá
céntrase na análise da lingua galega, a máis
desprestixiada da nación naqueles tempos en que o centralismo
afogaba as manifestacións populares localistas.
 Ramón
Mariño recolle as teses sobre a obra de temática
galega do Pai Sarmiento, que na súa opinión
xiran en torno ó problema lingüístico,
semántico e de comunicación do galego como causa
de atraso da súa patria; o seu rexeitamento airado
do castigo físico que sofrían algúns
nenos por expresarse en galego na clase; a súa defensa
convencida de que ós rapaces había que aprenderlles
na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía
predicar e administrar ós feligreses na lingua que
lles era propia; e, en definitiva, o seu convencemento de
que isto implicaba introduci-lo galego na escola, nos xuzgados,
nas igrexas e na administración.
Memoria
de algunos nombres, verbos, expresiones y frases, etc. de
la lengua gallega, xunto con Coloquio de 24 gallegos rústicos
(obra da que o filólogo Henrique Monteagudo ven de
atopa-lo manuscrito orixinal entre os fondos da Biblioteca
Nacional), forman parte do seu legado a prol das Letras Galegas:
Fragmento
de: Memoria de algunos nombres, verbos, expresiones y frases,
etc., de la lengua gallega, que oí, estando en Galicia
el verano de 1745, y con especialidad estando en la villa
de Pontevedra
Abouxar.-
Aturdir a otro voces o vocear mucho,
v.g. no me abouxes, siempre está abouxando
Recesego.- Pan recesego es que está ya de dos o tres
días; aplícase
también a la carne, etc., y se aplica a más
cosas por
extensión: esto ya está recesego.
Esforricarse.- Espaturrarse, v.g.: esta pera se me
esforricou. Su
origen de forica latino que significa también en gallego
irse de cámaras.
Bourar.- es golpear, v.g.: bourou en ellos, los golpeó,
téngote de
bourar las costas. Acaso de varear, pues lo común es
con una vara.
Fragmento
de:
Coloquio de 24 Gallegos Rústicos
1 No chan que en Morrazo
chaman os galegos
tamen San Cybran
que chega hasta o ceo,
2 que está no camiño
que vay ao Ribeyro
dendes Pontevedra
a vila do reyno,
3 a hum-ha legoiña,
camiño dereyto,
fay conta que sigues
o rumbo surlesto
4 se sube en relanzo
por todo o vieyro
sen muita fadiga
nem muito tormento.
|