|
|
| |
 |
 |
FREI MARTêN SARMIENTO, 2002 |
|
|
|
|
|
- 1695.
- Na noite do 9 marzo nace en Vilafranca do
Bierzo Pedro José García Balboa, que posteriormente
sería coñecido como Frei Martín Sarmiento.
É fillo dos galegos Alonso García Gosende
mestre de obras- e de Clara de Balboa Sarmiento,
que xa tiñan tres fillos (José Antonio,
Alonso Antonio e María Bernarda Josefa).
- Dez días despois, o 19 de marzo é bautizado
na parroquia de Santiago.
- En xullo (catro meses despois do seu nacemento) a familia
trasládase a vivir en Pontevedra, onde nacen os
dous irmáns menores de Frei Martín: Rosa
e Francisco Javier.
- 1702.
- 4 de outubro bota a súa primeira sinatura.
- 1710.-
3 de maio marcha de Pontevedra a Madrid para face-lo noviciado
no convento de San Martín, pertencente á
Orde Benedictina. Estudia arte e filosofía no colexio
de Hirache.
- 1711.
- 24 de maio profesa os seus votos.
- A mediados de outubro pasa a estudiar Artes no Colexio
de Hirache, e logo Filosofía.
- 1714.-
® A mediados de abril regresa a Madrid.
® A primeiros de outubro viaxa a Salamanca para estudiar
Teoloxía no Colexio de San Vicente.
- 1716.-
Matricúlase na Universidade de Salamanca no curso
1716-1717, e regresa os veráns a Madrid onde o
empregan en escribi-los estados para o Capítulo
General. É nesta época salmantina cando
cambia de nome, abandonando o real (Pedro José
García Balboa) para adopta-lo de Frei Martín
Sarmiento.
- 1717.-
En novembro vai de pasante ó mosteiro de Eslonza,
o que fai tamén nos dous anos seguintes para regresar
nos veráns a Madrid.
- 1720.-
Tras unha curta estancia en Salamanca, de regreso a Eslonza,
remata a etapa leonesa de Frei Martín.
® O 1 de novembro iníciase a etapa asturiana
no convento de Celorio onde enseña Teoloxía
e predica uns 20 sermóns.
- 1723.-
En maio deixa Celorio e trasládase ó convento
de San Vicente de Oviedo onde se atopa con Feijoo, co
que entablará unha grande amistade.
-13 de decembro escribe Romanzón a la caída
de la torre de la catedral de Oviedo.
- 1725.-
Remata a etapa asturiana e retorna a Madrid, pero viaxa
antes a Pontevedra para despedirse da súa nai que
xa tiña 75 anos. Chega a Madrid o 27 de outubro
logo de percorrer, Vía Luarca, Ribadeo, Mondoñedo,
Betanzos, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Tui,
Ourense e León.
- De decembro son os Escritos crítico-burlescos
contra la Compañía de Minas de Guadalcanal.
- 1726.-
Entre febreiro deste ano e maio de 1727 Sarmiento vive
en Toledo.
- Desta época son Martinus contra Martinum (28-XII-1726)
e Papel Satírico contra Carlos de Montoya y Unzueta
(mércores de cinsa, 1731), ambas en defensa do
Teatro Crítico.
- 1730.-
Conjeturas para establecer algunas etimologías
de diferentes voces, que se usan en España (principiadas
este ano e continuadas, moi irregularmente, ó longo
da súa vida).
- 1732.-
Escribe a Demostración crítico-apologética
del Teatro Crítico Universal, que é a única
obra publicada en vida de Frei Martín Sarmiento,
e que tivo dúas redaccións.
- 1737.-
Falece a nai de Frei Martín Sarmiento ós
84 anos de idade.
- 1741.-
Plano para formar una descripción general de América.
- Entre 1741 e 1745, e a petición do cardenal Valenti
Gonzaga, escribe Memorias para la Hª de la poesía
y poetas españoles.
- 1743.-
Dictame sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores
y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (14-VI-1743,
por orde do rei Felipe V).
- Reflexiones literarias para una Biblioteca Real (30-XII-1743,
por suxerencia de Juan de Iriarte).
- Sobre el ocho por ciento (1743).
- 1745.-
El Capítulo General de Valladolid (do 12 ó
23-V-1745) dalle ocasión para realizar unha nueva
viaxe a Galicia que ten planeada desde hai meses, e que
lle permite unha estancia de sete meses (entre xuño
de 1745 e xaneiro de 1746).
- 1746.-
Xa de volta en Madrid, trala morte de Felipe V e a exaltación
de Fernando VI, escribe el Coloquio de Perico e Marica.
Coplas ou Coloquio de 24 gallegos rústicos.
- 1947.-
Reiníciase o encerro madrileño e escribe
Comento ou Glosario (13 primeiras coplas), e Novo dictame
sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y
exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (redactado
entre o 29-VI-1747 e o 30-VIII-1748, por encargo do fillo
do rei Felipe V, Fernando VI).
- 1748.-
Catálogo de libros selectos (en 1748, para o marqués
de Aranda).
- 1750.-
Índice individual (1750, da súa biblioteca
particular).
- 1751.-
É unha data significativa na súa traxectoria
científica porque é cando empeza a deenvolve-la
súa preocupación de naturalista e, sobre
todo, de botanista.
- Escribe este ano Sobre el sistema de hacer una descripción
general de toda España (1751), Plano de un nuevo
y fácil método para formar una general descripción
geográfica de España (1751 e a petición,
probablemente, do marqués da Ensenada) e Comento
ou Glosario (da copla 14 á 30, entre 1751-1753).
- 1752.-
Escribe Sobre el animal zebra (1752, para o conde de Maceda),
Sobre el archivo de Samos y archiveros (1752), Sobre el
archivo de Celanova (1752, a petición da Orde benedictina
á que pertence Frei Martín Sarmiento).
- 1753.-
Redacta Pensamentos crítico-botánicos (1753-1762).
- 1754.-
Neste ano péchase outra etapa na biografía
de Frei Martín, xa que o 5 de maio abandona Madrid
fuxindo da fame, aínda que tamén tiña
planeada xa esta viaxe a Galicia desde algún tempo
atrás. É a súa estancia máis
longa, xa que non regresa a Madrid ata o 27 de novembro
de 1755; un tempo durante o que recolle nomes vulgares
de prantas e voces galegas en xeral.
-Inicia o Catálogo de voces vulgares e en especial
de voces gallegas de diferentes e o Catálogo de
voces e frases de la lengua gallega (é a segunda
parte, pois a primeira contén os materiais achegados
na súa primeira viaxe a Galicia en 1745).
- 1755.-
Antes de regresar a Madrid escribe Sobre el origen de
la lengua gallega y sobre la paleografía española
(carta ó padre Terreros escrita en Pontevedra o
17-I-1755).
- 27 de novembro chega de novo Frei Martín a Madrid.
Recúlese na celda. Ten 60 anos e comeza a súa
época máis fecunda traballando, sobre todo
na botánica.
- 1756.-
Aparecen as primeiras obras de temática naturalista
como o Onomástico latín-gallego de los vegetables
que vió el P. Sarmiento (quizáis en 1756),
o Acedarach, árbol llamado inicuamente cinamomo
(Madrid, 1-IV-1756), Origen de las voces pontega, puga
y púa, de origen grego (8-VII-1756), Sobre el hypocisto
de bótica y de los libros, en gallego pontegas
(11-VII-1756), Pregunta: si nacen en Galicia, en qué
sitios y en qué cantidad, de qué calidad
los vegetables kali, sosa y barilla (Madrid, 1-VIII-1756),
Tilia, árbol texa, latín tilia. Equívocos
(10-VIII-1756), Noticias de algunos vegetables extraños
que ya están connaturalizados, y se cultivan en
España, o en tierra o en tiestos (4-XI-1756).
- 1757.-
Frei Martín Sarmiento segue cos seus estudios etimolóxicos
e redacta o Borrón de varios nombres gallegos de
vegetables ou Onomástico etimológico de
la lengua gallega (principiado en 1757, continuado en
parte en 1758, interrompido logo ata 1766 e continuado
en 1769), e tamén de carácter científico,
volcándose na historia natural: Sobre el phenicoptero
o flamento, ave (1757), La planta cóscora, cóscora,
junta pulpa, etc. El geum de Tournefort (14-VIII-1757).,
Respuesta sobre unas plantas remitidas de Asturias a Madrid
en 1757 (19-X-1757), e Mostajo en castellano, en León,
Asturias y El Bierzo mostayo, en liébana mostazo
(16-XII-1757). Tamén escribe obras por encargo
como Sobre los caminos reales de toda España (1757,
a petición del conde de Aranda).
- 1758.-
É un ano de escritos eminentemente etimolóxicos:
El porque sí y el porque no del P. Sarmiento (1-I-1758);
Etimología de el nombre del lugar de San Martín
de Sacar de Bois (3-II-1758); Etimologías de la
voz de Valedorras y de su puente Cigarrosa (12-II-1758);
Elementos etimológicos según el método
de Euclides (iniciados o 1-VI-1758 e interrompidos ata
1776 en que os remata); Castellanos de Orense (27-X-1758).
- 1759.-
Recupera a temática natural e escribe Sobre los
atunes o almadrabas (1759), Árbol betula, en gallego
bidueiro, en castellano abedul (4-VIII-1759), e De la
planta carqueixa (4-XII-1759, segunda redacción).
- 1760.-
Continúa su producción con: Sobre el lobo
cerval (1760), Sobre el papión o cynocéphalo
(1760), Sobre los peces cetáceos orcas (1760),
Origen de la voz gallega mixiryqueiro (1760), De las plantas
scrorofularias (25-IV-1760) e Sobre la planta bardana
(28-VI-1760).
- 1761.-
Simultanea a redacción de obras de corte etimolóxico
coas de carácter naturista: Sobre el animal cebra
que se criaba en España (1761), Origen del nombre
y casa de San Julián de Samos (1761), Descripción,
efectos y virtudes del vegetable carqueixa (30-III-
- 1761,
tercera y más amplia redacción), Noticia
de la verdadera patria (Alcalá) de el Miguel de
Cervantes (9-V-1961), Comento ou Glosario (da copla 30
á 41, do 7 ó 14 de agosto de1761) e Sobre
plantas que han venido de Toledo y de sus vecindades y
del Castañar (19-X-1761).
- 1762.-Prosigue
a actividade creadora de Sarmiento con estudios como Noticia
de un cuerpo de rhino-ceronte (1762), Obra de seiscientos
sesenta pliegos (iniciada en 1762, traballa nela ata 1766),
Problema corográfico para describir todo el reino
de Galicia con un nuevo método (1762), Sobre la
planta manzanilla (6-VI-1762), Papel curioso sobre la
planta que en Galicia es muy común y se llama seyxebra
(redactado entre o 15 de maio e o 30 de agosto de 1762),
Árbol de Aranjuez que se cree ser del palo santo
82-IX-1762), así como: Origen de la voz Escurial
(11-X-1762).
- 1767.-
Reaparecen as obras de Frei Martín que seguen mirando
cara Galicia: De la grama olorosa, en gallego lesta (29-VIII-1766,
cunha adición o 10-X-1767) e Comento ou Glosario
(da copla 41 á 70, en 1767).
- 1768.-
É a última etapa da vida de Frei Martín
Sarmiento, e a ela corresponden traballos como Sobre el
vegetable bangué exótico y oriental (1768)
e Educación de la juventud (8-XI-1768). Este último
reflexa as preocupacións pedagóxicas típicas
deste último periodo.
- 1770.-
Elabora os seus derradeiros escritos: Comento ou Glosario
(da copla 70 á 146, no ano 1770) e Discurso apologético
por el arte de rastrear las más oportunas etimologías
de las voces vulgares (20-X-1770).
- 1772.-
Morre en Madrid o Padre Sarmiento.
|
|
|