| Eladio
Rodríguez,
XORNALISTA.
Íntimamente
vencellado á súa cidade de adopción A
Coruña-, e sentindo un acordo constante cara a súa
terra natal que reflexaba nos seus versos a vila ourensá
de Leiro e a parroquia de San Clodio-, de Eladio Rodríguez
consérvanse artigos xornalísticos, tres libros
de poemas e o seu recoñecido Diccionario enciclopédico
gallego-castellano.
A súa representatividade no panorama xornalístico
coruñés queda de manifesto no cargo de presidente
da Asociación da Prensa da Coruña que él
mesmo axundou a fundar en 1904.
I é na Coruña, e compaxinando co seu traballo
de funcionario municipal, onde dirixe o xornal La Mañana
no que comezou colaborando.
Pero Eladio Rodríguez tamén tería unha
importante relación con outro xornal coruñés
aparecido en 1880: El Noroeste. Unha relación que se
xesta a través das páxinas do seu suplemento
titulado Nós. Páxinas gallegas do diario
da Cruña El Noroeste: considerado o antecedente
inmediato de Nós, este suplemento no que colaboraron
personases da relevancia de Manuel Antonio ou Vicente Risco-
aparece o 17 de setembro de 1918 cun artigo do propio Eladio
Rodríguez titulado Na xuntanza está a
forza e na forza o trunfo, e que comeza:
Todos
levamos dentro de nós unha obriga moral que temos que
cumprir honradamente. Deixémonos de parolas. As parolas
son leira; as parolas levas o vento (
). Os gallegos
precisamos realidades vivas, algo que nos saque das nosas
vellas morriñas e que nos leve ôs destinos. Xa
o dí o enxebre Castelao. Hai que ir fuxindo da gaita
e do tamboril como representación da nosa raza. O hálala
y-a muiñeira y-o aturuxe xa non poden ser a encarnación
das nosas ansias no porvir.
Temos que pensar que estamos en tempos novos e momentos decisivos.
Fainos falla pechar con sete ferrollos a porta do pasado,
pra que non volvan a sair pol-as rusa adiante as nosas lilaileiras
choromicadas, dos pidinchós que queren vivir da esmola
sin saber empregal-as forzas propias no seu propio ben.
O gran Castelao fáinol-o ver dunha maneira maxistral
no dibuxo simbolista que nos mandou e que vai a cabeza destas
páxinas. NOS non hemos de grabar ô noso artista,
porque NOS somos NOS y-esto abonda. Pero sí poderemos
decir todol-os gallegos: Vel-ahí está n-unhas
rayas e n-uns borranchos, coma quen dí, encerrado todo
o problema do galleguismo.
Os lions y-as águias que dan vida na pedra ôs
capiteles do Pórtido da Groria e que teñen enriba
de sí a pedra dos anos forman unha leición práctica
que debemos adeprender hasta sabela de memoria.
Os gallegos traballadores, os de boa fe, os dos fondos entusiasmos
y-as sanas orientaciós, os que loitan e loitan pol-a
redención da nosa terra, han de comenzar por sel-os
lións y-as águias dos novos tempos pra erguerse
coraxudos arrimando o lombo uns ôs outros, e pra guindar
a lousa do centralismo que nos esmaga, tirando co-ela hastra
escachizala.
Entonces haberá pra nosa terra unha alborada
de rexurdimento, porque morto o centralismo terá que
que morrer tamén o caciquismo que nos afoga e que soilo
vive das falcatruadas, amparado por esa centralista forza
bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego
e que na sua ignorancia ou na sua comenencia coida que todol-os
pobos son iguales, como si non tivese cada un a sua característica
y-a sua personalidade.
Pensen os gallegos de corazón que na xuntanza está
a forza e na forza está o trunfo. Adiante, pois, adiante
sempre!.
Ademáis,
e como mostra da relación entre os literatos da época,
en 1920 aparece Eladio Rodríguez como colaborador da
revista Nós de Ourense que dirixe Vicente Risco.
|