 |
| Leiro,
terra natal de Eladio Rodríguez |
Home
de dous séculos, Eladio Rodríguez González
naceu un 27 de xullo de 1864 na parroquia de San
Clodio, pertencente ó concello ourensán
de Leiro. Nestas terras do Ribeiro de Avia pasou Eladio
Rodríguez os seus anos mozos, ata que se desprazou
á Coruña onde logo duna temporada de estudios
trala que regresa á súa aldea natal- instálase
definitivamente en setembro de 1887.
Da súa chegada á Coruña di Francisco
Fernández del Riego: un día, mozo aínda,
deixou o mundo natal, á precura doutros horizontes.
Trasladouse á Coruña ubicada no sei dos ártabros,
tan diferente do ambiente que deixaba. Sorprendeuno a luz
do fato da Torre de Hércules, saudando á
inmensidade do océa
 |
| Torre de
Hércules |
Na
Coruña traballa como funcionario municipal (1888-1937),
o que compaxinaba coas que eran as súas vocacións:
a xornalística e a poesía. Casado con Pepita
Yordi, coa que tivo seis fillos, Eladio Rodríguez introduciuse
no ambiente xornalístico coruñés a través
do xornal La Mañana, do que chegou a ser director.
Colaborou en distintas publicacións galegas e da emigración
como Revista Galega ou Galicia-, dirixiu El Noroeste
que incluiu o suplemento Nós. Páxinas
Galegas. Un suplemento que se abriu precisamente cun
artigo de Eladio Rodríguez titulado Na xuntanza
está a forza e na forza está o trunfo.
 |
Portada
da revista galega |
Contertulio
da Cova Céltica, este funcionario do concello
de A Coruña
tamén
adicou un importante esforzo creativo á poesía,
publicando varios poemas na revista ourensá O Tío
Marcos da Portela, e editando tres libros: Folerpas (1894),
Raza e Terra (1922) e Oraciós campesinas (1927).
Pero sen dúbida foi o seu Diccionario enciclopédico
gallego-castellano a obra da súa vida que, sen embargo,
él non chegou a ver publicada xa que se editou logo
do seu pasamento. Nel deixa importantes aportacións
etnográficas, xa que compilou nel numerosos refráns,
cantigas, oficios populares
Unha escasa aportación narrativa a través de
pezas como o discurso de resposta ó de ingreso de Cabanillas
na Academia Galega ou os limiares do suplemento Nós.
Páxinas Galegas completa a obra de Eladio Rodríguez
que en 1937 xubílase como funcionario municipal.
 |
A esquerda,
en Mondariz, con
Vicente Risco e Ramón Cabanillas |
É
o conxunto da súa obra poética, xornalística
e filolóxica- o que lle vale a Eladio Rodríguez
un posto de honra na Academia Galega (herdeira da sociedade
Folklore gallego presidida por Emilia Pardo Bazán)
da que foi un dos corenta membros fundadores, e na que chegou
a ostenta-la presidencia da que renunciou ós 70 anos
por motivos de saúde.
Eladio Rodríguez participou activamente en diversas
actividades culturais de A Coruña (cidade na que viviu
no cuarto piso do número 140 da rúa San Andrés)
como a construcción do monumento ó mártires
de Carral ou a fundación, en 1916, da agrupación
folclórica Cantigas da terra para divulga-la
música popular.
Recoñecido
en vida polo seu concello natal, Leiro, que o nomeou en 1929
Fillo Predilecto, e polo seu concello de adopción,
A Coruña, que o designou oficial maior honorario, Eladio
Rodríguez foi testigo da Guerra Civil na que perdeu
a algúns amigos que foron fusilados, mentras vía
fuxir a outros cara o exilio, e outros vivían presos
na cadea.
Membro destacado da Cova Céltica e da Liga
Gallega na Cruña, entrou en contacto con rexionalistas
como Manuel Murguía e Eduardo Pondal, procurando a
defensa dos intereses de Galicia e cegando a promover unha
iniciativa fallida de Autonomía para Galicia.
Logo de padecer unha arterioesclerose cerebral que lle afectou
á memoria, este funcionario, xornalista e poeta morreu
en A Coruña un 14 de abril de 1949, e os seus restos
repousan no cemiterio de San Amaro.
|