1864.-
O 24 de xullo, na Ponte de San Clodio (Leiro-Ourense) nace
Eladio Rodríguez González.
1870.- Asiste á
escola de primeiras letras no vello mosteiro de San Clodio.
1871.- Primeiro contacto
coa cidade de A Coruña a través duna visita
ó seu tío, con quen comeza outra etapa de
estudio.
1886.- *) Consigue o
primeiro recoñecemento nun certame poético
ó recibi-lo accésit no Certame Literario de
Pontevedra co poema A Noite de San Xoán,
que posteriormente incluiría no seu primeiro libro,
Folerpas.
*) O 7 de febreiro deste ano publica en O Tío
Marcos da Portela o seu primeiro poema: Os gallegos
fóra dos lares.
1887.- *) Establécese
definitivamente na Coruña.
*) Catro dos seus poemas reciben outros tantos premios nos
Xogos Frorais de Betanzos: Os orfos da emigración
(premio de honra); O puzo do barco (premio con
Caravel de Prata); As festas da miña terra
(lira de prata); ¡Arrenégote, moda!
(primeiro accésit).
1888.- *) O 20 de agosto
comeza a traballar como funcionario do concello de A Coruña.
*) Dirixe nesta cidade o xornal La Mañana
(diario liberal-conservador).
1891.- *) Obtén
o primeiro premio nos Xogos Florais de Tui co poema ¡Desperta!
,
que foi lido por Alfredo Brañas.
*) O 23 de marzo casa con Josefa Yordi Visier, coa
que terá seis fillos e vivirá no cuarto andar
no número 140 da rúa San Andrés.
1894.- Publícase
o seu primeiro libro Folerpas, na Biblioteca Gallega.
1896.- Ocupa o cargo
de director do xornal coruñés El Noroeste.
1897.- Constitúese
na Coruña a Liga Gallega.
1904.- Participa na
fundación da Asociación da Prensa de A Coruña,
o 5 de decembro.
1906.- Celébrase
a sesión inaugural da Academia Galega, da que Eladio
Rodríguez é un dos corenta membros fundadores.
1915.- Obtén
en Lugo un premio polo poema Sombras.
1916.- *) Colabora na
creación da agrupación folclórica Cántigas
da terra.
*) Obtén o primeiro premio no Certame Literario
de Santiago de Compostela, co poema Paisaxes.
*) Ingresa como membro das recentemente creadas Irmandades
da Fala, na que é nomeado primeiro mestre da Fala
no mes de novembro.
1917.- É nomeado
primeiro presidente do coro Cántigas da Terra.
1918.- *) Aparece o
suplemento Nós. Páxinas gallegas do
diario da Cruña El Noroeste. Nel colaboran
autores da talla de Vicente Risco (que dous anos despois
crea en Ourense Nós, na que colabora o propio Eladio
Rodríguez) e ábrese cun artigo de don Eladio
titulado Na xuntanza está a forza e na forza
está o trunfo.
*) Obtén o primeiro premio na Festa Galega
de Lugo co poema Alma de raza.
1920.- *) É nomeado
secretario da Academia Galega.
*) Pronuncia o discurso de contestación ó
de ingreso de Ramón Cabanillas na Academia Galega.
1922.- Publícase
en Ferrol o seu segundo libro: Raza e Terra.
1924.- A Liga de Amigos
de Santiago de Compostela concédelle o Premio de
honra da Festa da Lingua Galega, polo poema Oraciós
campesinas.
1926.- Accede á
presidencia da Academia Galega; cargo no que permanece ata
1934, en que conta con 70 anos.
1927.- *) Publícase,
de novo na Coruña, o seu terceiro e último
libro de poemas: Oraciós campesinas, considerado
unha escolma da súa evolución poética.
*) O 24 de abril ingresa no Seminario de Estudos
Galegos coa lectura do poema Oraciós campesinas.
1929.- *) Recibe unha
homenaxe na súa terra natal, Rivadavia.
*) É nomeado fillo predilecto da súa
vila natal, Leiro.
1932.- Membro da comisión
redactora do Estatuto de Galicia de 1936, en calidade
de presidente da Academia Galega.
1937.- Xubílase
como funcionario do concello de A Coruña.
1949.- Falece na súa
cidade de adopción, A Coruña, e é soterrado
no cemiterio de San Amaro.
1958.- Aparece, editado
por Galaxia, o primeiro volume do Diccionario Enciclopédico
Gallego-Castellano.
1960.- Publícase
o segundo volume do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano.
1961.- Terceiro e último volume do Diccionario
Enciclopédico Gallego-Castellano.
1964.- A Real Academia Galega tribútalle unha
homenaxe co gallo do centenario do seu nacemento.
2001.- Adícaselle o Día das Letras
Galegas.